Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 14/06/2023 | Actualizada ás 19:30
Cambios en cadea son algo moi difícil de ver na política galega. Ten que ser algo moi gordo, ou moi meditado, para que unha lista dimita case en pleno. Pois iso, foi o que sucedeu este xoves logo de que 16 dos 21 integrantes que concorrían na candidatura de Rodeiro —once como titulares e dez como suplentes— ás eleccións municipais do pasado 28 de maio acabaran renunciando.
O motivo, segundo apuntan fontes da axencia EFE; que o delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, Luis López Diéguez 'Lugués', como o coñecen na contorna popular, poida tomar posesión como concelleiro no municipio e optar así a presidir a Deputación de Pontevedra. Unha decisión que tamén provocará que teña que cesar como delegado da Xunta.
As renuncias producíronse ao longo desta xornada nun municipio no que, previsibelmente, o PP terá que ceder o bastón de mando o sábado. Iso se o PSOE e Unidade por Rodeiro chegan a un acordo, algo que, polo momento, non está fechado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.