Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 21:30
Xa temos aquí o primeiro episodio de Laretando, o novo pódcast do Galicia Confidencial! Nel, imos falar con creadores de contido galegos para coñecelos un pouquiño máis alá das pantallas.
No noso primeiro episodio temos a Mario Brión, máis coñecido en redes como @olaxonmario, un gran comunicador galego e unha gran persoa coa que pasamos un moi bo rato e coa que falamos dos seus inicios nas redes, do seu pódcast e de ser de Boiro, de deporte e tamén dos Premios Mestre Mateo, aos que estivo nomeado este ano como mellor comunicador.
Ah! E como non, tamén había que soltar algún que outro "dardiño" -Esther Estévez prepárate aínda que te quere e te queremos ben ;-)- que a nós o que nos interesa son as "laretas" das redes sociais e xa avisamos que neste episodio hai moooito diso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.