"Maricón o que se sente", vandalizan con mensaxes homófobos un banco coa bandeira arcoiris en Cabanas

O BNG pide a condena dos feitos e a restauración dos bancos ao seu estado orixinal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Un banco decorado coas cores da bandeira arcoiris situado no paseo da Madelana, en Cabanas, foi vandalizado con mensaxes homófobos.

Os feitos foron denunciados este mércores polo BNG de Cabanas, que rexistrou unha iniciativa no concello que solicita unha condena institucional e que se restitúan as cores do banco.

"Queremos un concello para todos, onde todos sexan benvidos", sinalou a viceportavoz do grupo municipal nacionalista, Paula Fernández. "Os autores destes feitos son unha minoría intolerante cara á que expresamos o noso rexeitamento e, estamos seguros, que tamén o pobo de Cabanas", remarcou.

Pintadas homófobas nun banco pintado coa bandeira arcoiris
Pintadas homófobas nun banco pintado coa bandeira arcoiris | Fonte: BNG - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta