Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 17:52
Guitiriz conta cun novo balneario con campo de golf posto en marcha por Iberik Hoteis tras un investimento de 8,5 millóns de euros para remodelar as instalacións.
A inauguración tivo lugar este martes coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto ao que tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Alí, segundo recolle un comunicado da Xunta, Rueda incidiu na "calidade diferencial" do turismo termal en Galicia, unha comunidade "referente" neste campo no que concentra o 20% da oferta estatal e que visitaron 150.000 persoas en 2022.
O presidente incidiu en que as augas galegas son "un valor seguro" recoñecido "desde hai séculos" que, na actualidade, é apreciado polo turista que aposta por destinos "non masificados" e de "calidade".
Así, destacou na implicación de "todas as administracións" para recuperar a actividade neste balneario de Guitiriz. Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, resaltou que a apertura do novo balneario de Guitiriz "demostran que as cousas se están facendo ben, impulsando o emprego e a economía do rural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.