Sumar avisa de cara ás eleccións galegas: "Este proxecto vén para quedar"

As candidatas galegas para o 23J destacan o "estilo Yolanda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2023 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A presidenta de Sumar, Marta Lois, asegurou que a formación liderada por Yolanda Díaz non nace como "unha aposta a curto prazo" senón que está "a pór os alicerces para traballar a futuro". "Este proxecto vén para quedar", afirmou.

Así se pronunciou este xoves a que foi concelleira de Compostela Aberta nunha rolda de prensa ofrecida na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela, onde presentou aos candidatos da formación polas provincias galegas para os comicios do próximo 23 de xullo.

"Estas son as eleccións xerais, sabemos que vimos de consultas electorais, acabamos de saír das municipais, temos o 23 xullo, pero Sumar Galicia non é unha aposta de curto prazo nin destas eleccións, senón que estamos a pór os alicerces para traballar a futuro", destacou. Marta Lois asegurou que "hai espazo e percorrido de boas xestión" pero tamén moito por "facer". Así, aínda que sostivo que "non toca a día de hoxe falar a futuro das galegas", "se toca deixar claro que este proxecto vén para quedar".

José Antonio Añón, Marilar Aleixandre, Marta Lois, Verónica Martínez e Beira Hermida, candidatos de Sumar por Galicia para o 23J
José Antonio Añón, Marilar Aleixandre, Marta Lois, Verónica Martínez e Beira Hermida, candidatos de Sumar por Galicia para o 23J | Fonte: Europa Press

"ESTILO YOLANDA"

Tamén as candidatas ás eleccións do próximo 23 de xullo polas provincias galegas de Sumar, a formación impulsada pola vicepresidenta do Goberno Yolanda Diaz, reivindicaron este xoves o "estilo Yolanda".

"Por estilo Yolanda entendemos menos ruído, máis diálogo e política de resultados", destacou Marta Lois. Na súa intervención, sostivo que os galegos progresistas queren que Yolanda Díaz sexa presidenta porque "ten sobradas credenciais de bo goberno e boa xestión". "Por esa boa xestión hai miles de galegos que neste momento están a beneficiarse das medidas vinculadas ao emprego e das medidas de mellora das pensións", apuntou.

"En segundo lugar, cando dicimos que as persoas progresistas de Galicia queren que Galicia sexa presinta é porque compartimos o seu estilo", sostivo Marta Lois, que dixo que se trata dun estilo "firme nas súas conviccións" pero que ao mesmo tempo "achega solucións desde o diálogo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta