Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2023 | Actualizada ás 12:57
Unha decena de galerías de arte de Galicia recibirán ata 4.000 euros da Xunta para participar de feiras internacionais e ata 2.000 euros para participar de eventos no territorio estatal, fóra da Comunidade galega. Segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), promóvese a asistencia a unha quincena de eventos en Andalucía, Madrid, Corea do Sur, Francia, Italia, Portugal e Reino Unido.
Ademais, de acordo coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a iniciativa pretende enmarcar o "compromiso do Goberno galego por fomentar a internacionalización da cultura galega no marco do Plan Xeración Cultura, o cal busca achegar a cultura a todas as persoas en todo o territorio e modernizar as estruturas empresariais e de creación". Pola súa banda, o plan inclúe, dentro do seu cinco eixos de traballo, un específico sobre proxección exterior con medidas novas e xa consolidadas como estas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.