O SLG estuda accións de denuncia tras as primeiras ofertas a produtores de leite con recortes de prezos

Nun comunicado, advirte de que isto se une a que a prórroga da supresión do IVE do leite "está a privar de certa liquidez ás granxas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) alerta de que produtores de leite comezan a recibir ofertas con recortes "importantes" de prezos para a nova campaña. Así, reunirase este mércores, 5 de xullo, na Estrada (Pontevedra) para avaliar posibles accións de denuncia.

Avisa dunha situación de "coacción" aos gandeiros que "se está agravando coa chantaxe que algunhas industrias están a realizar cos propios contratos". "Lonxe de respectar a obrigación vixente desde o 30 de xuño de inscribilos no rexistro de contratos na Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) antes da súa entrada en vigor, están a lles comunicar por escrito ás granxas que, no caso de non asinar os contratos e entregar o leite, asumen a aceptación automática da propuestra de contrato ofertada pola industria". Unha cuestión que o SLG procedeu a denunciar ante a AICA.

Nun comunicado, advirte de que isto se une a que a prórroga da supresión do IVE do leite "está a privar de certa liquidez ás granxas". Así mesmo, esta semana gandeiros do SLG reuniranse con representantes dos grupos parlamentarios para traslardles "as claves do desiquilibrio de forzas que está a condicionar a produción láctea impactando, unha vez máis, no elo máis débil da cadea: as granxas".

Camión de recollida de Deleite
Camión de recollida de Deleite | Fonte: campogalego.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta