Os sindicatos CIG e UGT convocaron mobilizacións no sector da limpeza de edificios e locais na provincia da Coruña "en defensa" do convenio colectivo e ante o bloqueo na negociación deste ano, unha situación da que culpan á patronal estatal. A mobilización non é só por esa contía que se debe, senón tamén polo "futuro do sector porque a chantaxe é se se paga ese 9,8 % ídesvos a quedar sen subida salarial" nuns anos.