Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 20:23
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) informou de afeccións no tráfico na autovía A-54, que conecta Lugo con Santiago, debido ás obras de conservación nun paso inferior, nos arredores de Santiago. Así, os traballos comezarán este mércores ás 12,00 horas, e desde ese momento manterase aberta ao tráfico una das calzadas da autovía, entre os quilómetros 86,700 e 89,300, de maneira que a circulación será bidireccional (un carril para cada sentido de circulación).
Dese modo, ao chegar a ese tramo da autovía, os vehículos serán desviados dunha calzada á outra, a través dos pasos de mediana. A duración aproximada dos traballos será de dous meses e contará coa debida sinalización. Por iso, o Mitma rogou "máxima precaución" á hora de circular por este tramo para manter a seguridade tanto de traballadores como de usuarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.