Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 18:06
A xunta de portavoces do Concello de Ourense deu conta este venres da proposta da Alcaldía sobre as retribucións económicas dos membros da corporación municipal para o mandato 2023-2027, que inclúe un salario de 74.000 euros ao ano para o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá).
En concreto, o acordo, que se presentará a aprobación por parte do Pleno do Concello nunha sesión extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores 12 de xullo, fixa un salario de 74.850,30 euros para Jácome. Ademais, o tenente de alcalde e outro sete concelleiros de Democracia Ourensá con competencias delegadas percibirán un soldo.
Así pois, o número dous da lista Democracia Ourensá, o tenente de alcalde Armando Ojea, ingresará 63.961,38 euros mentres que os outros sete concelleiros cobrarán 53.314,10 euros por unha dedicación exclusiva a xornada completa. É dicir, todos os edís a excepción do único sen áreas asignadas, Rafael Martínez Cachafeiro, quen será deputado da formación no goberno provincial.
A repartición recibiu o consenso dos distintos partidos; Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego na Xunta de Portavoces celebrada este venres e levará a aprobación no pleno extraordinario do próximo mércores.
Así pois, a oposición tamén terá dedicacións exclusivas e parciais. En concreto, a repartición deu dúas dedicacións exclusivas e unha parcial ao 75% para o Partido Popular, dúas exclusivas para o Partido Socialista e unha exclusiva e outra parcial ao 50% para o Bloque Nacionalista Galego.
A diferenza das dedicacións exclusivas dos edís do grupo de goberno, as da oposición teñen unha remuneración menor ao non incluír delegacións de competencias de goberno, polo que o seu soldo establécese en 38.881,92 euros para aqueles con xornada completa ao concello. Será de 29.161,44 euros para a xornada parcial ao 75% e de 19.440, 96 para a xornada parcial ao 50%.
As contías das retribucións reguladas variarán anualmente na porcentaxe que se estableza na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o persoal das Administracións Públicas e son incompatibles coas doutras Administracións Públicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.