Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/07/2023 | Actualizada ás 09:00
As eleccións xerais do 23 de xullo están cada vez máis preto e tomar a decisión de por que partido votar é inminente. Para os que todavía están indecisos nace a ferramenta 'Decidir23J', das mans da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e da Universidade Pompeu Fabra (UPF), que axuda ao usuario a saber cal é o partido político que se asemella máis ás súas preferencias e ideales.
E como funciona? Pois moi sinxelo, a partir dunha enquisa de 25 preguntas, relaciona os partidos políticos e as preferencias dos votantes. É o que se chama recomendador de voto e non é a primeira vez que se usa xa que, nas últimas eleccións do 28 de maio, usouse de maneira adaptada en Barcelona baixo o nome ‘DecidirBCN’
O máis importante á hora de utilizala é saber de onde procede e quen a dirixe, dende a UOC e a UPF destacan o seu carácter sen ánimo de lucro e a completa desvinculación de calquera partido ou organización política do estado. Ademais, cabe destacar que non se recompila ningún tipo información persoal e os datos que se introduzan son totalmente anónimos.
Esta ferramenta foi deseñada por Toni Rodon, profesor da UPF; Marc Guinjoan, profesor da UOC, e Nikandros Ioannidis, estudante da UPF. "Volvemos a replicar a experiencia das eleccións municipais de Barcelona, pero adaptadoa a todo o Estado español e ás eleccións xerais. Doutra banda, dende o punto de vista académico, serviranos para facer investigacións varias sobre como diferentes temas afectan o voto da xente", explica Toni Rodon.
As preguntas engloban cuestións sociais e territoriais nun eixo bidimensional. A aplicación inclúe subrecomendadores para diferentes territorios do Estado español como Galicia, Cataluña, País Vasco e as Illas Canarias; as persoas que contesten desde estas zonas verán reflectido, respectivamente, o seu propio sistema de partidos e terán dispoñible a ferramenta nos diferentes idiomas de España.
FUNCIONAMENTO
Inicialmente, a ferramenta elabora un pequeno perfil persoal a partir da idade, o xénero, a zona de residencia, o nivel educativo, a situación laboral e o grao de interese pola política, ademais do sentimento de pertenza.
O bloque central é o cuestionario, que inclúe preguntas de varios temas. Por exemplo, hai temas sociais, como as políticas de xénero, a lei trans ou o islam. Outro ámbito de preguntas son as relativas á economía, a redistribución da riqueza, os impostos ou os desafiuzamentos. A cuestión territorial tamén se inclúe no test, con preguntas sobre descentralización, inmersión lingüística, referendo ou lei de memoria histórica.
Unha vez finalizado o test, e despois de enviar o formulario, a aplicación ofrece gráficos coa similitude ideolóxica do individuo con cada un dos partidos, ademais dun mapa que sitúa ao elector e estes partidos nun eixo bidimensional que combina a localización no debate esquerda-dereita, por unha banda, e o debate centralización-descentralización, polo outro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.