A Xunta publica as bases para a concesión de axudas de apoio á formación posdoctoral

Por E.P. | A CORUÑA | 20/07/2023 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases para a concesión de axudas de apoio á formación posdoctoral, de acordo a unha orde conxunta das consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Economía, Industria e Innovación.

Trátase dunhas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, de apoio á etapa de formación posdoctoral nas universidades do sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación e noutras entidades do sistema de I+D+i galego.

En concreto, ademais da as universidades, son axudas aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

O obxectivo é que contraten persoas tituladas superiores que obtivesen recentemente o título de doutora ou doutor para a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo a mellora das súas capacidades mediante estancias de investigación posdoctoral no estranxeiro.

As solicitudes que propoñan persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estancias dun mínimo de 20 e un máximo de 24 meses nos EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

Unha investigación mostra como se organiza o ADN do rodaballo para darlle a súa forma aplanada. CSIC
Unha investigación mostra como se organiza o ADN do rodaballo para darlle a súa forma aplanada. CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta