Grave accidente nunha canteira en Valdeorras cun obreiro morto e outro ferido grave

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/07/2023 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Un operario faleceu e outro resultou ferido grave nun accidente laboral ocorrido nunha canteira de lousa do municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) sobre as 9,30 horas deste venres.

Segundo informa a Garda Civil, o falecido era un veciño de Ponferrada de 44 anos e o ferido grave é un veciño de León de 47 anos, quen sufriron a caída de pedra.

Pola súa banda, o 112 Galicia informa de que se mobilizou ata o lugar de San Vicente, en Vilamartín, ao helicóptero con base en Ourense, ademais de dar aviso a GES de Valdeorras e Garda Civil.

Canteira
Canteira | Fonte: Focus Piedra

Accidente laboral, 112 Galicia. 112
Accidente laboral, 112 Galicia. 112 | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta