Titiriberia levará máis dunha vintena de funcións de monicreques a Rianxo entre este luns e o 30 de xullo

Haberá un total de 17 compañías de Galicia, Cataluña, País Vasco, Brasil e Portugal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2023 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A oitava edición do festival dos monicreques tradicionais Titiriberia levará ao municipio de Rianxo máis dunha vintena de funcións entre este luns, día 24, e o 30 de xullo. Haberá un total de 17 compañías de Galicia, Cataluña, País Vasco, Brasil e Portugal.

Este festival está organizado pola asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta e a Deputación da Coruña.

"Rianxo volve ser, un verán máis, fogar para o teatro de monicreques", asegurou a presidenta da asociación Morreu o Demo, Comba Campoi, na presentación desta nova edición.

Titiriberia estreará cinco producións este ano: 'O xigante Barriga Verde', de Títeres Alakrán; 'Coa música a outra parte', de Trécola; 'O Cego dos monifates. Romance de Peito de Lobo', de Seisdedos; así como as dúas producións propias do festival, os pasacalles 'A festa dos monicreques' e unha nova edición de 'As Varietés de Barriga Verde'.

Esta edición conmemora os 90 anos do histórico Teatro Airiños. Ademais, descentralízase o seu programa con representacións, conferencias e talleres por diferentes parroquias e escenarios do municipio.

Titiriberia 2023
Titiriberia 2023 | Fonte: TITIRIBERIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta