Como queda o núcleo duro de Feijóo en Madrid?

Feijóo consegue que dúas persoas que levou do núcleo duro de Galicia teñan escano en Madrid. En todo, a súa garda pretoriana quedará ben colocada tras estes comicios.

Por Europa Press / Redacción | Albacete | 24/07/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Catro de seis. Finalmente, Feijóo conseguiu colocar a boa parte do nucleo duro de colaboradores da Xunta que levou de Galicia a Madrid hai un ano. Era o previsible aínda que os resultados deixan un moi mal sabor de boca nas filas populares.

Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo

Unha das principais condicións que impuxo o líder popular cando foi a Madrid foi, precisamente, poder facer o seu equipo en Xénova. E foi entón cando levou a súa garda pretoriana, principalmente, ao seu equipo de asesores e de comunicación que levan con el desde que se fixo coa Presidencia da Xunta.

Mar Sánchez Sierra, Marta Varela, Álvaro Pérez, Luis de la Matta, Miguel Tellado e Marcos Varela, ademais de Isabel Figueira que leva protocolo, volven ser da máxima prioridade de Feijóo. Foron eles os que deixaron a Xunta para acompañalo a Madrid e son eles os elexidos para acompañalo tamén no Congreso. 

Miguel Tellado, ex número dous do PPdeG e, agora, do PP,  saíu como número un das listas pola Coruña. Tamén a ex secretaria xeral de Medios e agora actual responsable da área de Proxección e Imaxe do PP, de 10 por Madrid e Marta Varela, a súa directora de gabinete e ex xefa de Comunicación na Xunta,  de cinco por Madrid.

Quedan fóra, a pesar de tamén ir na lista de Madrid o ex director de Comunicación da Xunta e agora responsable de comunicación Marcos Gómez, no posto 28, e o madrileño Luís de la Matta, no posto 27, que exercía de xefe de comunicación do PP de Galicia. Pola súa banda, Álvaro Pérez, que foi en varias lexislaturas director xeral do Gabinete da Presidencia e secretario Xeral de Presidencia na Xunta, saíu de cuarto pola Coruña.

OUTROS CAMBIOS EN GALICIA

Feijóo tamén conseguiu colocar no Congreso a outros fieis colaboradores na súa etapa de presidente da Xunta. Os ex conselleiros Rosa Quintana e Francisco Conde tamén conseguiron escano por Ourense (número dúas da lista) e Lugo (número un), respectivamente. Tamén a quen ata agora era o voceiro dos populares no Parlamento galego, Pedro Puy, que acadou o terceiro escano do PPdeG en Pontevedra.

Outros colaboradores menores, aos que tamén fixo oco noutras circunscricións diferentes a galega tiveron sorte diversa. Así, a expresidenta do Parlamento de Galicia Pilar Rojo consegue, co escrutinio practicamente pechado, asento no Senado pola provincia de Albacete (Castela-A Mancha), xunto con Valentín Bueno e Miriam García.

Rojo era unha das dirixentes que Alberto Núñez Feijóo colocou noutras comunidades para concorrer á cita coas urnas deste domingo, como tamén fixo con Valentina Martínez (que ía de tres ao Congreso por Cantabria, pero que quedou sen acta).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta