Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2023 | Actualizada ás 16:10
Os participantes da segunda edición do programa 'Conecta con Galicia' chegaron este sábado a Santiago de Compostela procedentes de Arxentina, Brasil, Suíza e Venezuela.
Segundo comunicou a Secretaría Xeral da Emigración, os participantes foron recibidos no aeroporto Santiago de Compostela-Rosalía de Castro por responsables do departamento da Xunta.
Esta iniciativa ten como obxectivo permitir que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, supondo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros e as xeracións da familia que quedaron en Galicia.
O Goberno galego sinalou que os mozos que chegaron este sábado trasladaranse ao albergue xuvenil de Gandarío, onde desenvolverán diferentes actividades lúdicas e deportivas ata o 11 de agosto. Ademais, participarán en visitas culturais e coñecerán empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.