A patronal galega aposta por Feijóo: urxe un novo Goberno "moderado" con baixada de impostos "para todos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2023 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) urxe á conformación dun novo Goberno central que "garanta estabilidade e moderación", o cal prime a creación de emprego, a redución da inflación e unha baixada de impostos "para todos, xeneralizada": "É preciso eliminar impostos que afectan directamente á continuidade de moitas empresas, especialmente as empresas familiares, como son o Imposto de Patrimonio ou o de Sucesións e Doazóns".

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites (esquerda) xunto ao presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites (esquerda) xunto ao presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press

Unhas peticións que van moi en sintonía coas manifestadas polo líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante a campaña electoral. Nun comunicado este luns, a patronal galega considera que "se debería traballar en reducir as cotizacións empresariais á Seguridade Social por traballador e promover un menor custo laboral, maior competitividade e maior capacidade de contratación". Así, pide incentivos fiscais ao investimento para a creación de emprego e o emprendimiento e a eliminación do Imposto sobre o Patrimonio.

Ademais, solicita evitar a creación de novos impostos, á vez que aposta por un modelo que "reduza e simplifique o sistema fiscal, tanto en número de tributos como en presión, tanto a cidadáns como empresas". Todo iso ante un escenario no que observa "incerteza económica" e "desaceleración".

"Debe haber un acordo que, para asegurar o bo funcionamento da economía e o benestar social do país. Ten que prevalecer o sentido de Estado e o de respectar o marco constitucional para protexer os avances económicos e sociais logrados durante as últimas décadas e manter a confianza en España como país", opina o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cheste

lamber verbo transitivo 1Pasar a lingua por. Nin patronal, nin galega

1 Xesus Ateo Recalcitrante

Traballo gratuito, supresión de impostos ás empresas, supresión das cotizacións á Seguridade Social das empresas, supresión do IRPF para os máis ricos e tamén do Patrimonio. Subvencións discrecionais e sen inspección, bolsas de estudo nos coles da Obra para as familias máis poderosas, cadeas para impedir que os traballadores se ausenten dos seus postos e látigos para os capataces,... É o que lle falta a estes da CEG; e non me estranaría que o fixeran (coñecendo o percal...)