Rederas artesás de Corme elaboran complementos para mascotas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2023 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A nova colección de complementos para mascotas da marca pontevedresa The Painter's Wife está elaborada por rederas artesás de Corme, no marco do proxecto 'Enredadas', impulsado pola Xunta de Galicia.

A colaboración é o resultado do último dos cursos de formación especializada dirixido ao colectivo de rederas artesás galegas. Trátase dunha iniciativa que integra a artesanía no sector das mascotas e que se desenvolveu no porto de Corme, no municipio coruñés de Ponteceso, entre os meses de maio e xuño deste ano.

É unha actividade formativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia e pola Consellería do Mar e na que participaron oito rederas artesás. O curso estivo impartido por Rosana Agrelo e Sara Prieto e o seu obxectivo era a creación dunha colección cápsula de colar e arneses para cans, realizados integramente a man, empregando materiais procedentes das artes de pesca.

Proxecto Enredadas. XUNTA - Arquivo
Proxecto Enredadas. XUNTA - Arquivo | Fonte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta