A Xunta destina 100.000 euros a atención de mulleres vítimas de explotación sexual

A novidade que se inclúe neste eido é a de recoñecer a trata de mulleres e nenas como violencia de xénero para que así poidan obter as axudas económicas e o apoio establecido.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/08/2023 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade asinou convenios de colaboración con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, e coa entidade Aliade Ultreia, de Lugo, para manter dispositivos para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

Desta maneira, a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, destinou 100.000 euros que permitirán financiar os gastos correntes de funcionamento destas iniciativas. Polo lado de Cáritas, dispúxose de dous dispositivos en Santiago e Ourense destinados á atención integral de mulleres vítimas de explotación sexual e trata, nos cales se lles ofrece acollida, axuda e asistencia directa.

Así, o Goberno galego achegou 30.000 euros en cada caso para que continúen encargándose do servizo integral de atención, apoio, acollida e recuperación ás vítimas, facilitando polo menos aloxamento, acceso a tratamento médico e psicolóxico, e información e asesoramento legal sobre servizos e programas.

A entidade de Aliade Ultreia conta en Lugo cun dispositivo de acollida destinado a proporcionar un espazo onde as mulleres vítimas de explotación sexual ou en risco de sufrila. Nela buscan apoio para saír desa situación e poidan cubrir as súas necesidades básicas, ademais de contar con acompañamento nese proceso de saída, autonomía e reinserción sociolaboral.

Por este motivo, a Xunta destinou 45.000 euros para que poidan seguir facilitando non só aloxamento a estas mulleres, senón tamén acceso a atención educativa, psicolóxica, social, formativa e laboral, xa sexa a través dos recursos propios da entidade ou mediante a derivación e colaboración con outras entidades.

PLAN GALEGO CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS

Por outra banda, a través dun comunicado, a Xunta reivindica que Galicia, polo que "poden acceder así á axuda económica mensual para as vítimas de violencia de xénero e aos recursos de apoio xurídico, psicolóxico, social e de apoio á inserción laboral, entre outros".

Por esta razón, destacou como novidade que a partir de 2023, inclúense tamén como vítimas de violencia de xénero ás de explotación sexual, polo que tamén poderán acceder a todos estes recursos.

Ademais, o Goberno autonómico ten vixente o primeiro Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024. Segundo explica, o obxectivo será articular políticas que dean unha resposta integral e coordinada ás situacións de trata con fins de explotación sexual e contribuír á súa erradicación.

Mulleres vítimas de violencia de xénero en 2021.
Mulleres vítimas de violencia de xénero en 2021. | Fonte: EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta