Tres problemas habituais á hora de voar polos que tes dereito a unha indemnización

Se sufres retrasos, anulacións de última hora ou denegacións de embarque por 'overbooking' no teu voo, que sepas que como viaxeiro tes dende o pasado 2 de xuño protección especial por parte da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 10/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Retrasos, anulacións de última hora ou denegacións de embarque por 'overbooking'? Dende o pasado 2 de xuño os viaxeiros que partan dun aeroporto español ou vaian cara voos operados por compañías da Unión Europea con destino a España e saída de aeroportos extracomunitarios poden acudir á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para demandar ás compañías aéreas que non cumprisen adecuadamente coas condicións de voo contratadas. Así se reforza a protección dos viaxeiros, que contan cun procedemento máis para facer valer os seus dereitos.

Pasaxeiros dun voo
Pasaxeiros dun voo | Fonte: Alejandro Martínez Vélez

O primeiro que debes saber como viaxeiro é que tes dereito a asistencia. Esto quere dicir que sexa cal sexa a causa pola que non poidas tomar o teu voo na hora prevista, tes dereito a asistencia: comida e refrescos suficientes, aloxamento, traslados entre aeroporto e hotel, e dúas comunicacións (chamada telefónica, fax ou email) en función do tempo da demora e dos quilómetros do voo. E, chegado o caso, tamén tes dereito a unha indemnización. Así nolo conta a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

1.- O teu voo retrásase: A clave para ter indemnización é que ese retraso se deba a causas ordinarias e non extraordinarias. Se se debe a causas extraordinarias a compañía non ten que indemnizar ao pasaxeiro, de aí que haxa moitas ocasións nas que as compañías tenten presentar como algo 'extraordinario' algo corrente, como por exemplo unha avaría detectada durante unha revisión do avión. Tampouco as folgas legais do persoal de voo ou dos pilotos poden considerarse algo ordinario, son extraordinarias, xa que a súa xestación é de dominio público e a compañía non pode facerse a sorprendida nin deixar de tomar medidas para paliar as previsibles molestias aos viaxeiros.

Como causas ordinarias aparece o feito de que como pasaxeiro chegues ao destino final tres ou máis horas despois da hora de chegada inicialmente prevista pola compañía aérea, pero neste caso si tes dereito tamén a indemnización, aínda que máis pequena. En concreto, en voos de ata 1.500 quilómetros cobrarías 250 euros; 400 naqueles de 1.500 a 3.500 quilómetros ou de máis de 1.500 dentro da Unión Europea; e ata 600 naqueles de máis de 3.500 quilómetros dende fóra da UE. 

Se o retraso supera as cinco horas e decides non voar, terán que devolverche o prezo do billete correspondente ao tramo da viaxe non realizada. E se estabas nunha etapa intermedia da túa viaxe e xa non ten sentido proseguir, tamén terán que devolverche o diñeiro correspondente ao voo xa realizado (ademais, terían que proporcionarche un voo de volta á orixe sen coste).

2.- O teu voo cancélase: Como pasaxeiro podes elixir se queres chegar ao teu destino o máis rápidamente posible, ou se xa non queres viaxar e prefires que che devolvan o prezo do billete en sete días máximo, pois considérase a cancelación como unha circunstancia extraordinaria. Adicionalmente, tes dereito a unha compensación que se pode ver reducida á metade se che ofrecen unha alternativa porque o voo se ve cancelado por causas ordinarias.

As contías das indemnizacións serían: 250 euros en voos de ata 1.500 quilómetros (125 se o transporte alternativo chega en menos de dúas horas); 400 en voos de 1.500 a 3.500 quilómetros ou más de 1.500 dentro da Unión Europea (200 se chega transporte en menos de 3 horas); e 600 euros en voos de máis de 3.500 quilómetros dende fóra de UE (300 se chega transporte en menos de 4 horas).

3.- Hai 'overbooking': O 'overbooking' segue a ser un problema frecuente en moitas viaxes, xa que as compañías venden máis prazas das dispoñibles e alguen pode quedarse sen sitio, quen sabe se poderías ser ti. Nese caso a compañía pode pedir voluntarios para que renuncien ao voo e se lles reembolse ou para viaxar noutro momento a cambio dalgún beneficio. Tanto se non che deixan embarcar como se aceptas renunciar ao voo, teñen que indemnizarte.

As contías son as mesmas que no caso anterior: 250 euros en voos de ata 1.500 quilómetros (125 se o transporte alternativo chega en menos de dúas horas); 400 en voos de 1.500 a 3.500 quilómetros ou más de 1.500 dentro da Unión Europea (200 se chega transporte en menos de 3 horas); e 600 euros en voos de máis de 3.500 quilómetros dende fóra de UE (300 se chega transporte en menos de 4 horas).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta