Por Europa Press / Redacción | FERROL | 13/08/2023 | Actualizada ás 18:41
A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64, nos municipios de Narón e San Sadurniño. Tamén se renovarán os traballos nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros; e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo.
Na provincia de Ourense continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-902, que comunica os municipios do Carballiño e O Irixo. Na provincia de Pontevedra continuarán as obras de execución nas marxes da autovía AG-51, no municipio de Salvaterra de Miño; na AG-56, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.