Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/08/2023 | Actualizada ás 11:25
A Consellería de Medio Rural dá por controlado desde a madrugada deste venres o incendio forestal iniciado o xoves nunha zona escarpada do municipio ourensán de Rubiá, e que, segundo as últimas medicións provisionais, afectou a unhas 15 hectáreas de terreo.
En concreto, o lume, que se iniciou sobre as 15.30 horas, quedou estabilizado ás 19.30 horas e deuse por controlado pasadas as 2.30 horas da madrugada. Nos labores de control e extinción traballaron 12 axentes, 17 brigadas, 12 motobombas, dúas pas, un técnico, dous técnicos de apoio, un tractor, dúas unidades técnicas de apoio e medios aéreos (nove avións e dous helicópteros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.