O detido por apuñalar a outro home en Pontevedra pasa a prisión provisional, comunicada e sen fianza

Segundo confirman fontes xudiciais, o apresado pasou este venres a disposición do xuíz e ingresou no cárcere como investigado por un delito de lesións.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/08/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido na tarde do xoves por apuñalar a un sintecho no centro da cidade durante unha discusión.

Segundo confirman fontes xudiciais, o apresado pasou este venres a disposición do xuíz e ingresou no cárcere como investigado por un delito de lesións.

O home foi detido nun operativo conxunto das policías Nacional e Local. Ocorreu pasadas as 17,30 horas da tarde. Mentres ambos discutían nunha zona próxima á Alameda, un deles sacou un pequeno obxecto punzante e cravoullo ao outro.

Os axentes localizaron pouco despois ao presunto autor dos feitos na Alameda e procederon á súa detención. Mentres tanto, servizos sanitarios do 061 atenderon ao ferido e trasladárono en ambulancia ata o Hospital Montecelo, sen que se temese pola súa vida.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta