Sanidade mantén afastada das súas funcións á medica que protagonizou unha disputa cun paciente no Hospital de Piñor o pasado xoves

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este martes que, polo momento, a médica que protagonizou unha disputa con pacientes no Hospital de Piñor, en Ourense, segue apartada das súas funcións asistenciais, á vez que se están revisando as reclamacións presentadas por estes feitos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este martes que, polo momento, a médica que protagonizou unha disputa con pacientes no Hospital de Piñor, en Ourense, segue apartada das súas funcións asistenciais, á vez que se están revisando as reclamacións presentadas por estes feitos.

O sucedido remóntase a última hora da mañá do pasado xoves. Nun vídeo que difundiu un dos pacientes pódese observar como a médica increpa a un home na sala de espera do centro, chegando a espetarlle "non teño porque aguantar a imbécil coma este". O paciente repróchalle que "está a dar un espectáculo lamentable".

Tras un intercambio de palabras interceden outros presentes (entre eles varias enfermeiras), tentando tranquilizar a situación, pero a sanitaria non cambia a actitude e mesmo bloquea o paso a un paciente en cadeira de rodas que tamén tentaba mediar. A rifa continuou ata que chegou o vixiante de seguridade.

Por estes feitos, a dirección da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras abriu un proceso interno para aclarar o sucedido e, mediante un comunicado, lamentou que se produzan este tipo de situacións, aseverando rexeitar "enerxéticamente calquera tipo de actitude violenta veña de onde veña".

Así mesmo solicitou os datos das testemuñas que esperaban a súa quenda no corredor de consultas ambulatorias do Servizo de Rehabilitación do Hospital de Piñor, así como os dos profesionais para "dar resposta ao proceso e adoptar as medidas que sexan oportunas". Ademais pediron ao Servizo de Atención ao Paciente as posibles reclamacións que puidesen ser interpostas con motivo deste incidente.

Este martes, preguntado respecto deste incidente, o titular da carteira sanitaria remitiuse ao devandito pola área sanitaria, sumándose ao "queixume" pola situación e ás "desculpas aos pacientes e familiares que se puideron ver afectados".

Hospital de Piñor
Hospital de Piñor | Fonte: Arquivo

"Estamos a revisar as reclamacións que se puideron presentar e de modo paralelo esta facultativa está temporalmente apartada do servizo. É o que temos que dicir", manifestou o conselleiro, engadindo que desde a consellería traballan "cada día para que non se dean estas situacións" e pedindo "máximo respecto a pacientes e profesionais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta