Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2023 | Actualizada ás 15:11
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, avogou por aumentar a cota de sardiña en base aos informes biolóxicos ante os problemas no sector dado, ademais, o fin da pesca olímpica. A preguntas dos xornalistas, manifestou que nestes momentos "só queda intercambiar esas cotas na zona do Golfo de Cádiz". "É a única opción que teñen os nosos pesqueiros de cerco", sinalou.
Non entanto, incidiu en que "biolóxicamente dá a sensación que hai sardiña". "Hai que incidir en aumentar as cotas", apostilou o conselleiro quen apelou a un acordo entre España e Portugal a este respecto. Cuestionado sobre a pesca do bonito e a posibilidade de solicitar un aumento, defendeu tamén un posible un incremento "tendo en conta os datos biolóxicos".
"Hai que ir nesa liña, o sector do mar é fundamental para Galicia", apostilou para aludir, ademais, á necesidade de medidas como a baixa do IVE de alimentos para fomentar o consumo de peixe ou abordar os custos de combustibles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.