Por que a xuventude galega non participa social e politicamente de maneira activa?

Só o 18,5% dos novos poden ser considerados activistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Informe Mocidade España máis recente do Instituto de la Juventud  (INJUVE) do ano 2020, caracteriza á mocidade actual como responsable, comprometida, solidaria, consciente das desigualdades e participativa, chegando mesmo a desmitificar que esteamos ante unha xeración pouco involucrada nos asuntos sociais, mencionando que "até o 77% da mocidade estudante implicouse nalgunha forma de participación estudantil".

Mocidade
Mocidade | Fonte: EP

Pero se miramos por sectores os datos dinos cousas bastante diferentes. Por exemplo, os datos do INJUVE sobre a participación política xuvenil mostran que só o 18,5% da mocidade pode ser considerada activista. Entón que lle interesa aos mozos e mozas? Pois o estudo di que os temas sociais son os que máis lle interesan e dentro destes son a igualdade entre homes e mulleres, o cambio climático, os dereitos dos animais e os dereitos LGTBIQ+.

Para valorar esta cuestión tamén hai que observar o nivel de asociacionismo dos más novos e segundo a Estratexia Mocidade afírmase que a participación asociativa descendeu significativamente nas últimas décadas, sobre todo entre a poboación nova e actualmente "non se alcanza o 25% de mozos que teñan unha vinculación actualizada con asociacións ou organizacións colectivas".

NON BUSCAN SOLUCIÓNS COLECTIVAS

Esto tamén se ve reflexado polo Consello da Mocidade de España (CJE) cando expresan que "a participación asociativa xuvenil española é, xunto con Grecia e Portugal, das máis baixas de Europa". E por que? Pois este organismo apunta que un dos motivos fundamentais desta baixa participación é que a maioría da poboación considera que participar non serve para resolver nada e que maioritariamente se buscan solucións individuais ás problemáticas.

A esta mesma reflexión chega a asociación Solidariedade Internacional de Galicia que leva 25 anos traballando no país coa mocidade en diversos ámbitos e que observan pouca implicación colectiva da mocidade nas problemáticas sociais tanto locais como globais fronte á súa preocupación polo máis inmediato a curto prazo e máis persoal, como os estudos, o emprego, a vivenda, etc.

Para constatar isto, a asociación realizou enquisas dentro do estudo 'Soñar grande es soñar juntas. En busca de una educación crítica e inclusiva' das autoras Katherine Gajardo Espinoza e Judith Cáceres-Iglesias onde se mostra que o 61%, considera que o seu nivel de participación é puntual, en accións concretas e a curto prazo, sendo tan só un 10% a mocidade que declara non participar de nada a nivel xeral. Por contra, máis dun cuarto das respostas (o 26,3%) di participar de forma permanente.

ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

Non se observan diferenzas nas respostas tendo en conta o variables sexo, idade, ocupación e zona de residencia, pero si na variable 'nivel de estudos', pois a mocidade en etapa universitaria participa de maneira puntual no 67,1%, fronte ao 50% de mocidade en primaria/ESO, destacando ademais que, a pesar disto, son os mozos con estudos de Primaria e Secundaria os que din participar de maneira máis permanente de entre todos os grupos (41,1%).

 

Nos temas nos que si participan e cos que senten identificados, o seu grao de implicación 

é maioritariamente alto (40,5%) e medio (35,6%), obtendo entre as dúas opcións o 76,10% das respostas totais. Ademais, un 10,7% da mocidade participante considera que o seu nivel de implicación é moi alto. Se observamos o xénero destas persoas, as mullleres son o doble de participativas que os homes.

 

Fronte estos datos resultan varias cuestións, a principal e saber como se pode reverter a sitaución e conseguir unha alta participación da mocidade en tódo-los ámbitos. Segundo a enquisa, os principais motivos desta baixa participación é a falta de tempo, de información e de recursos ou ofertas.

 

SOLUCIÓNS

 

Porén, identifícanse algunhas posibles solucións para solucionar a situación. Por unha parte é preciso incidir en crear e promocionar unha maior cultura participativa en todas as esferas sociais, destacando o papel da educación, sobre todo no ensino regulado, que pola súa capacidade de alcance debería xogar un rol moito máis definido. E por outro lado as propias entidades deben mellorar a flexibilidade e o acompañamento que ofrecen, así como as formas de captación, tendo máis presenza nos espazos onde a mocidade se move desenvolver accións máis innovadoras e atractivas.

 

Finalmente, como última posible solución débese tentar lograr crear neste colectivo un sentimento  de pertenza, de identificación coas causas, visibilizar os seus logros e que sirvan de inspiración e referentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A ver cando publican DATOS de cantos se beneficiaron do InterRail ? Moito me temo que a xuventude está máis enganchada ao avión que ao tren ? E a respecto de que a xuventude busca solucións "individuais" me pregunto se quedan "solucións colectivas" (?) Estamos a convertir o mundo nun Gran Centro Comercial... e logo preguntamos por que a xuventude non participa ? Participa e moito nas longas ringleiras para pillar entradas para os concertos mediáticos de Castrelos... e parvadas semellantes... é a única "participación" que se mira por aquí abaixo...