Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2023 | Actualizada ás 14:21
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez, pediu aos concellos "colaboración" para abordar a presenza de xabaríns en zonas urbanas e periurbanas.
Fíxoo, a preguntas dos xornalistas nun acto na fábrica de Repsol, na Coruña, na que, sobre a presenza de xabaríns en zonas urbanas, incidiu en que a Xunta puxo en marcha nos últimos anos "unha serie de estratexias para acabar coa proliferación excesiva".
"Fixemos modificacións na lei", insistiu a conselleira, que aproveitou para recriminar a PSOE e a BNG que non as apoiase a pesar de pedir agora "solucións". Ademais, engadiu que "distintas zonas foron declaradas de emerxencia cinexética". "Este ano de novo estamos a preparar a resolución para incrementar esas zonas", recalcou.
INSTA A ASINAR UN PROTOCOLO
A iso, sumou un protocolo, "que demos a coñecer aos concellos para colaborar nas zonas urbanas e periurbanas, que son, apostilou "competencia" municipal. "Nese protocolo de colaboración, o que lle pedimos aos concellos é a limpeza das zonas urbanas e periurbanas para que non haxa encames nas propias cidades e vilas, que os está habendo", dixo en referencia aos xabaríns e o seu comportamento, así como á procura de comida en colectores.
A isto, sumou "pór gaiolas" pero, insistiu, aplicando o citado protoclo que esixe a presenza dun veterinario e de persoal "que achega a Xunta". No entanto, a conselleira expuxo que en concellos "onde hai moita proliferación" de xabaríns "non están pididiendo ese protocolo de actuación". "E é a única maneira que ten a Xunta de Galicia de actuar", recalcou. Ao fío diso, dixo que non poden actuar nun centro urbano se non está o protocolo asinado co concello.
"Isto non é botar balóns fóra, isto é un problema que temos que combater todos polo ben da cidadanía e todo o que estea na nosa man desde o punto de vista lexislativo seguiremos profundando para poder tomar medidas", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.