Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 19:26
Unha colisión entre tres vehículos no quilómetro 27 da AG-11, ao seu paso pola parroquia boirense de Lampón en dirección Santiago, deixou a cinco persoas feridas. Segundo informou o 112, as persoas implicadas foron evacuadas en ambulancia e entre elas había unha menor de idade. Os feitos ocorreron ás 12.30 horas cando varios particulares que circulaban polo lugar chamaron para informar do accidente.
Así, relataron que un vehículo chocou contra a varanda e acabou detido no medio do asfalto. Pouco despois, as persoas que alertaron engadiron que outros dous vehículos chocaron contra o primeiro. Os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Boiro e da Pobra do Caramiñal, do Servizo Municipal de Protección Civil boirense e dos operarios de conservación da autovía. Ademais, os servizos de emerxencias cortaron a circulación nun dos carrís para garantir as condicións de seguridade durante os traballos de restablecemento da calzada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.