Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 11/09/2023 | Actualizada ás 15:29
A escultura das Marías, obra de César Lombera, situada en Porta Faxeira, xunto á entrada ao paseo central da Alameda de Santiago de Compostela, foi reparada tras sufrir un novo ataque vandálico en modo de pintada que, coa mensaxe "Discriminounos a sociedade, non Franco", apareceu esta fin de semana.
A figura afectada pola pintada era a de Maruxa, que representa a unha das irmás (a de maior estatura é Coralia). A limpeza xa se realizou. Foi efectuada por Yolanda Porto, segundo indicou o Consistorio, por indicación de César Lombera. Ademais, agora daráselle á icónica escultura compostelá un tratamento antigraffiti, co fin de que sexa máis sinxelo acometer unha nova limpeza no caso de que se produza un novo feito similar, tendo en conta que non é o primeiro ataque vandálico que sofre.
CHAMAMENTO A QUE "DEIXEN DE EXISTIR" ESTAS PINTADAS
A preguntas dos medios, durante a súa visita ao CEIP Quiroga Palacios con motivo do inicio do curso escolar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, explicou que sempre se recorre á opinión do autor para reparar a escultura ante situacións deste tipo. Pero, sobre todo, remarcou que o importante é realizar un chamamento "a que deixen de existir estas pintadas". "Non é a primeira vez que sucede, nin coas Marías, nin con outras, é un atentado contra o patrimonio", aseverou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.