Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 13/09/2023 | Actualizada ás 21:00
A comitiva do Instituto Galego do Viño desprazouse o martes 12 de setembro ata un predio con viñedos pertencentes á Adega Rafael Palacios, unha das máis emblemáticas da D.O. Valdeorras. Posteriormente, tras coñecer as instalacións de Terriña Adegas e Viñedos, en Petín, participaron durante a tarde nun túnel do viño na sede do Consello Regulador, unha experiencia que lles permitiu degustar unha ampla selección de referencias de brancos e tintos da comarca.
Dende o Consello Regulador, o presidente do organismo José Ramón Rodríguez Castellanos valora a visita sinalando que “sempre é bo divulgar o potencial dos nosos viños entre diferentes tipos de público, pero especialmente entre aqueles de corte máis especializado que, sen dúbida, poden actuar como prescritores e altofalantes para dar a coñecer a calidade dos nosos produtos en todos os recunchos do país”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.