Descoñecen o que berran e chatean?

Segundo a prensa, os alumnos dun colexio na “Rioja” que prepara futuros mestres, tiñan nun chat moi concurrido, no que empregaban unha sarta de insultos e verbas mal sonantes contra as mulleres.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 14/09/2023

Comparte esta noticia
Hai uns meses,  noutro colexio Maior tamén se berraban insultos contra as mulleres mentres en todo o edificio apagábanse as luces como  mostra de apoio a tales  alaridos. E,  recentemente, na xornada pasada da xuventude en Portugal,  uns mozos españois berraron  con moita forza:  Que te vote Chapote, e logo  cantaron o Cara al Sol,  himno falanxista  de triste lembranza. 
 
Todo  na presencia do Papa Francisco. Polo que o  tema ten a súa  importancia,  pois ademais de ser unha mensaxe que vai contra a doutrina  que o mandatario supremo predica, amosa que, nalgúns  círculos que levan a bandeira de certo clasismo social, e en colexios onde se preparan ós futuros mestres, e  moitos mozos   que aspiran a seren dirixentes políticos e cargos de importancia da vida pública, fanse  esas barbaridades que, segundo din, son moi habituales. 
 
Estamos diante colexios de certa élite onde debían  inculcarse, entre outros, os valores da tolerancia e  a igualdade entre  homes e mulleres. Mais semella que nalgún destes centros  amosan unha clara manipulación do que aconteceu na confrontación civil española, pois faise valer como única e  verdadeira a visión histórica dun conflicto civil que da por bo  o que se promocionou  dende a oficialidade daquel réxime: a dos vencedores.
 
Sempre mantiven que quen non coñece o pasado, ou sabe del unha versión de parte,  acaba dándolle categoria de verdade absoluta o que lle contaron  dende única  esa visión.
 
Eta xa hai mais dunha decena de anos que deixou de matar. E seguir co eslogan, que nas eleccións promocionou o PP pra ir contra o goberno, e ademais  facelo na  xornada internacional  da xuventude,  indica que, neses círculos, a intencionalidade política  de parte é unha evidencia. Sinala tamén que hai  unha falla de sensibilidade e respecto para as vítimas e,  por último,  indica que todo vale co fin de atacar ó adversario político ainda que sexa dende  outro pais. 
 
Non sei se moitos dos rapaces que iso berraron  diante o pontífice  eran conscientes do que facían. Tampouco sei si os mozos que no seu chat tratan as mulleres como obxecto de apetencia sexual o fan con plena conciencia,  ou andan a xogar como se fosen xente sen caletre nin razón.
 
Polo que ese feito e outros semellantes que acontecen nesta España marcan unha tendencia; unha ola que non acepta a igualdade entre homes e mulleres como algo que está implícito nas leis e na constitución.  Esquecer ou aceptar unha visión de parte do  aconteceido na guerra civil, na ditadura e tamén na segunda guerra mundial,  soamente se xutifica coa intención de trexiversar feitos hostóricos e alimentar as sonbras negras do totalitarismo ideolóxico, do odio ó diferente e do racismo. Todo pra ir conta a sociedade democrática.
 
A igrexa coas súas virtudes e erros, que non son poucos,  cos seus predicamentos e silencios,  debía desautorizar e censurar  eses berros e insultos diante o Papa. Debía aparecer como unha muralla fronte a intolerancia e contra o totalitarismo que no fondo desas manifestacións e berros se agocha.
 
Dá a sensación que un novo andazo ideolóxico ameaza a unha sociedade como a nosa. Pois si as persoas  que están chamadas a ser os guías e a transmitiren coñecementos non  saben controlar os seus impulsos primarios, ou non aceptan e dan por boas verdades de parte, nun futuro tragarán os ditados dos enemigos da igualdade entre homes e mulleres; ou dos  que non aceptan a tolerancia, o respeto   e a discrepancia ideolóxica. Os hoxe  alumnos, e futuros mestres deberían ser moito máis cautos, prudentes e conscientes co que manifestan, cantan  chatean ou berran.  Nas súas mans estará  trasmitir coñecementos e valores ás novas xeneracións. 

Símbolo da Falanxe pintado sobre a placa da Memoria Histórica no ceminterio de Lavadores
Símbolo da Falanxe pintado sobre a placa da Memoria Histórica no ceminterio de Lavadores
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com