Atréveste a coñecer os bosques de algas pardas das Illas Altánticas en kaiak?

A Xunta colabora este verán nunha actividade educativa para que os visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia poidan descubrir mediante visitas en kaiak a riqueza natural desta contorna de forma sustentable e diferente.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/09/2023 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Xunta colabora este verán nunha actividade educativa para que os visitantes do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia poidan descubrir mediante visitas en kaiak a riqueza natural desta contorna de forma sustentable e diferente. Segundo informou o Executivo autonómico, a actividade comezou a principios de xuño e estenderase ata finais de setembro e ata o momento xa contou con ao redor de 2.000 participantes (1.000 en Cíes, máis de 400 en Cortegada, máis de 200 en Ons e ao redor de 150 en Sálvora).

Entre os visitantes deste ano destaca a ampla presenza internacional con persoas procedentes de Brasil, Italia, Alemaña, Arxentina, Venezuela, Estados Unidos, Vietnam e China, entre outros países. Ademais da propia ruta en kaiak, a iniciativa inclúe aspectos educativos, formativos e de sensibilización ambiental impartidos por guías especializados que permiten aos participantes coñecer detalles dos fondos mariños e a importancia do parque. O percorrido por mar "ofrece unha vista privilexiada" dos fondos rochosos dos arquipélagos que compoñen o Parque Nacional. De feito, se non é mediante unha embarcación deste tipo ou similar, é difícil ver as comunidades de bosques de algas pardas.

Illas Atlánticas
Illas Atlánticas | Fonte: RICARDO PAREDES-SEOBIRDLIFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta