Xa en marcha a creación da rede de Nodos de Innovación Sanitaria

A Xunta de Galicia publicou no Portal de Transparencia o decreto polo que se crea a rede de Nodos de Innovación Sanitaria e establécese a súa composición, organización e funcións. Nun comunicado o Goberno galego explica que esta rede, dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo adscrito á Consellería de Sanidade, busca que os profesionais do sistema sanitario público galego, pacientes, coidadores, empresas e demais perfís implicados no sector da saúde, acheguen as súas ideas de mellora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia publicou no Portal de Transparencia o decreto polo que se crea a rede de Nodos de Innovación Sanitaria e establécese a súa composición, organización e funcións. Nun comunicado o Goberno galego explica que esta rede, dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo adscrito á Consellería de Sanidade, busca que os profesionais do sistema sanitario público galego, pacientes, coidadores, empresas e demais perfís implicados no sector da saúde, acheguen as súas ideas de mellora.

Deste xeito, a rede recolle, valora e acompaña estas iniciativas co fin de convertelas en proxectos con resultados aplicables á realidade cotiá da práctica asistencial e estendelos a todo o sistema público de saúde de Galicia. A Xunta lembra que esta semana o Consello abordou o arranque da Estratexia Galega de Saúde 2030, que inclúe como unha das prioridades da política sanitaria para os próximos anos a integración áxil da innovación tecnolóxica. Para ese efecto, sinalou que o departamento sanitario galego inicia o trámite, coa publicación deste decreto, dunha normativa nese sentido.

Segundo recolle o decreto, as ideas e propostas innovadoras presentadas deberán demostrar que xeran un valor para os pacientes e o sistema sanitario, mellorando a calidade de vida dos enfermos ou a eficiencia do servizo sanitario no ámbito da provisión de servizos, prácticas asistenciais ou de xestión. Para a promoción e dinamización da achega de ideas á rede por parte de calquera profesional do sistema público de saúde de Galicia, regúlanse os nodos de innovación de cada unha das sete áreas sanitarias, xunto co nodo central que recae na Axencia Galega para a Xestión do Conñecemento en Saúde (ACIS).

COMPOSICIÓN

Sanidade precisou que os nodos de innovación son unha rede de estruturas de coordinación despregadas nas sete áreas sanitarias do Sergas. Así, establécese un Nodo Central de Innovación, que realizará as funcións de coordinación da rede. Ademais, dependente da Xerencia de cada unha do sete áreas sanitarias constituirase un Nodo de Innovación, do que formará parte un coordinador.

O equipo do Nodo de Innovación da área sanitaria contará cos membros que se consideren apropiados de acordo coa estrutura e as necesidades da mesma, ata un máximo de 15 membros. O decreto tamén establece que para garantir o bo funcionamento e canalización das actividades e proxectos de innovación do nodo, recoméndase que o equipo conte na súa composición con persoal de perfil sanitario, administrativo e de tecnoloxías da información. Ademais, deberán estar representados todos os distritos sanitarios que conforman a área correspondente. Incluiranse profesionais pertencentes tanto á atención hospitalaria como a primaria.

Pacientes en diálese
Pacientes en diálese | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta