Crise e fortes divisións en Protección Civil de Ferrol

A directiva de Protección Civil de Ferrol dá de baixa a 29 voluntarios que reclamaron unha asemblea para que dimitise.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 20/09/2023 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A directiva de Protección Civil de Ferrol enviou na tarde deste martes, 19 de setembro, unha comunicación personalizada a 29 voluntarios desta agrupación na que se lles traslada que foron dados de baixa de maneira por causas "disciplinaria". Os afectados reclamaran unha asemblea para pedir a dimisión da dirección.

Os voluntarios aseguran que a xustificación é o non asistir nun prazo de tres meses ás actividades da agrupación, un feito que sosteñen que eles xa comunicaran previamente. "Somos voluntarios e non estabamos de acordo en como estaba funcionado a agrupación", indican.

Algúns dos afectados que recibiron este martes a notificación sinalaron que "xa hai tempo" que mostraron a súa "desconformidade" coa actuación da xunta directiva, "tanto en tema diñeiro como no trato persoal aos voluntarios". Desta maneira, tras manter un encontro, os integrantes desconformes chegaron ao acordo de solicitar unha asemblea extraordinaria cun único punto na orde de día, que era reclamar a dimisión da xunta directiva. Para iso remitiron esa solicitude por correo electrónico as firmas coa petición.

CITACIÓN

Estas mesmas fontes detallan que aos dous días da súa solicitude recibiron a citación para a asemblea cunha orde do día no que figuraba como único punto o informe da xunta directiva. Ante iso, os agora cesados reclamaron que esa non fora a súa petición e, tras iso, sinalan que recibiron a baixa.

Estes voluntarios consideran que a situación se produce porque a actual directiva "é coñecedora" de que non conta coa maioría da asemblea. "Quérense aferrar ao cargo e estorbámoslles e déronnos de baixa a case todos", denuncian para avanzar que tomarán "accións legais".

Desta maneira, este colectivo pide a dimisión da presidenta, do xefe e da tesoureira da agrupación, que estaba formada na actualidade por ao redor de medio centenar de voluntarios, e que perdeu desta forma á maioría de efectivos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, na Lama.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, na Lama.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta