Os “conserxes” dos colexios vigueses, unha figura en extinción?
A comunidade educativa de Vigo está alerta ante a posible privatización dos postos de oficiais de instalacións municipais, popularmente “conserxes” dos colexios. Estas persoas contratadas temporalmente na súa maioría, poderían perder os seus postos tras a suposta intención do concello olívico de sacar a concurso parte dos postos de traballo que, en principio, correspondería cubrir mediante bolsas de contratación.
Por Moncho Mariño | Vigo | 01/10/2023 | Actualizada ás 14:00