Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 13:37
Un camión da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos en Ferrol, quedou "atrapado" sobre as 9,20 horas deste domingo, 24 de setembro, á altura do número 5 da rúa Sánchez Barcáiztegui, no barrio da Magdalena.
O vehículo pesado circulaba a esa hora polo viario, nas proximidades a cálea Igrexa, cando o condutor se decatou de que non podía avanzar tras sufrir un forte golpe e a parte traseira do camión enterrouse.
O incidente non supuxo ningún ferido e a rúa quedou entón cortada. Á zona desprazáronse de inmediato axentes da Policía Local de Ferrol que procederon a sinalizar un percorrido alternativo para os vehículos.
No mediodía deste domingo o camión xa foi retirado do lugar, pero a rúa continuará cortada, xa que agora será necesario estudar o motivo deste afundimento na calzada, que se estima que puido deberse a unha fuga de augas do sistema de saneamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.