Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023 | Actualizada ás 11:09
O prezo das exportacións galegas caeu un 1,92% en xuño, mentres que o das importacións baixou un 7,95%, segundo despréndese do Índice de Valor Unitario para o Comercio Exterior publicado este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
En concreto, os prezos das exportacións dos bens de consumo subiron un 5,48%, mentres que o dos bens intermedios descendeu un 13,12%. Pola súa banda, o custo dos bens de capital exportados por Galicia aumentou un 6,08% e o dos bens non enerxéticos un 0,69%.
No lado das importacións, os bens de consumo aumentaron o seu prezo un 21,28%, pero os bens intermedios reducírono un 19,91%. Os bens de capital custaron un 8,4% máis, pero os bens non enerxéticos baixaron un 1,04%.
En canto ao lugar de destino, o prezo das exportacións aos países da Eurozona baixaron un 1,99%, mentres que os enviados á Unión Europea en xeral caeron un 1,98% e un 1,26% os do OCDE. Tamén os produtos vendidos ao resto do mundo baixaron de prezo un 6,27%.
En cando ás importacións, o custo das procedentes da Zona Euro subiu un 11,62% e un 8,81% as chegadas da Unión Europea. Con todo, as do OCDE e do resto do mundo caeron un 3,05% e un 15,4%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.