Cazadores desminten á Xunta: "Non hai praga do xabaril"

"Non é que haxa máis xabaril, é que está onde non debería estar, en zonas urbanas", expón a Federación Galega de Caza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O responsable de prensa da Federación Galega de Caza, Antón Arrojo, observa que "no monte ou no rural hai igual ou menos xabarís que en anos anteriores", aínda que apunta a unha "maior presenza en zonas urbanas ou periurbanas" en Galicia.

En declaracións a Europa Press, Arroxo apunta que "hai un problema de xabaril", pois "por desgraza, crea moitos accidentes de tráfico como se viu en Chantada", con dous mozos falecidos en agosto, pero "non hai unha praga". "Non é que haxa máis xabaril, é que está onde non debería estar", razoa.

A Xunta activou o pasado 16 de setembro unha emerxencia cinexética de carácter provisional ata o 25 de febreiro de 2024 que permite cazar "sen límite" nun total de 248 municipios, un 80% dos concellos e da superficie da comunidade galega. Nos seus 11 primeiros días de posta en marcha, as solicitudes de batidas foron 131, segundo datos da Consellería de Medio Ambiente.

Sobre a posta en marcha da emerxencia cinética, Arrojo recoñece avances como unha axilización nos trámites para pode facer batidas ou esperas, así como non verse limitados por cotas de límite nos tecores. Con todo, explica que o feito de que se poida cazar calquera día non se traduce en maiores batidas, dado que "os cazadores son persoas normais", son "albaneis, médicos ou avogados" que durante "un luns ou martes traballan", polo que as cifras de batidas entre semana son "irrisorias".

Portomarin, Lugo. Batida ao xabaril dunha cuadrilla de cazadores. A Xunta de Galicia decretou a emerxencia cinexética en case o 80% do territorio galego e permite a caza do xabaril a maior parte dos días ata o 25 de febreiro de 2024. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press
Portomarin, Lugo. Batida ao xabaril dunha cuadrilla de cazadores. A Xunta de Galicia decretou a emerxencia cinexética en case o 80% do territorio galego e permite a caza do xabaril a maior parte dos días ata o 25 de febreiro de 2024. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press

"NON HAI PRAGAS"

"Non estamos en contra da emerxencia cinexética, pero non hai unha praga de xabarís", incide. De feito, cre que os avisos por danos en agricultura "están a ser menores". Pon de exemplo que o tecor da Terra Chá, o máis grande de Galicia, trasládalle que "está a ser o ano con menos avisos" de contratempos ao agro.

No entanto, Arroxo opina a que agora hai "maior presenza" en cidades como A Coruña e Lugo, o que "dá unha alarma á poboación". "O xabaril é unha animal moi astuto que se achega a zonas urbanas e perirubanas en busca de refuxio, alimento e, sobre todo, tranquilidade", pero lembra que esas son zonas nas que os cazadores non poden actuar.

Así, remarca que a presenza deste animal en zonas máis poboadas fai que haxa maior risco de accidente de tráfico "na comarca de O Deza que na Fonsagrada", por exemplo.

"O xabaril está máis presente na zona urbana ou perirubana de Lugo que na montaña da Fonsagrada", estima. Relata que na Fonsagrada "o nivel de xabaril é moitísimo menos", xa que hai anos cazábanse 500 ou 600 exemplares, pero na última tempada a cifra reduciuse a 150.

CRÍTICAS DE ANIMALISTAS

Pola súa banda, entidades animalistas como a Fundación Franz Weber criticaron nos últimos días esta decisión da Xunta, xa que consideran que suporá un "rebote" na poboación desta especie. Critica que "a única alternativa" que ofrece o Goberno galego sexa "sementar os montes de chumbo".

Precisamente, Pacma celebrou a pasada semana unha concentración contra esta "masacre", que sostén que "só responde as necesidades do lobby da caza para adiantar o período de caza do xabaril". "En que se basea a Xunta para declarar a emerxencia cinexética se non teñen censos de poboacións de jabalíes?", preguntábase o presidente de Pacma, Javier Lúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta