Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 10:58
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse co vicepresidente da Comisión Europea, Margaritis Schinas, ao que trasladou a necesidade de que os fondos europeos cheguen "canto antes" aos seus destinatarios.
Rueda mantivo unha reunión co alto cargo europeo no Grove con motivo da promoción do estilo de vida europeo. Nesa reunión, tamén se abordou a posibilidade de abrir novas vías que permitan potenciar Galicia "como referente cultural, histórico e de patrimonio a escala europea".
O encontro, sinalan nun comunicado, tivo lugar no marco do Foro La Toja - Vínculo Atlántico celebrado esta pasada semana na localidade pontevedresa do Grove, onde ambos indicaron a importancia do financiamento procedente da Unión Europea para Galicia, tamén ao longo das últimas décadas, "que resultou unha axuda fundamental no desenvolvemento experimentado pola comunidade e a súa converxencia social e económica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.