A frota galega que faena no Atlántico Norte poderá capturar en 2024 máis bacallau e peixe cabra, pero menos fletán

Das 12.000 toneladas totais de posibilidades de pesca de bacalo (que case se duplican), 5.600 son para buques da Unión Europea, principalmente galegos. En cambio, hai un recorte do 26 % no fletán para 2024, que pasa de 15.153 a 11.228 toneladas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2023 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar presentou ao Consello da Xunta un informe no que se abordan os principais resultados da 45ª reunión anual da Organización de Pesqueiras do Atlántico Norte (NAFO), celebrada a finais de setembro en Vigo, onde se recolle que a frota galega nestas augas poderá capturar en 2024 máis bacallau e peixe cabra, pero haberá un descenso nos topes de captura para o fletán.

Das 12.000 toneladas totais de posibilidades de pesca de bacalo (que case se duplican), 5.600 son para buques da Unión Europea, principalmente galegos. En cambio, hai un recorte do 26 % no fletán para 2024, que pasa de 15.153 a 11.228 toneladas. Estas pesqueiras do Atlántico Noroeste son moi importantes para os armadores do sur de Galicia, onde faenan de forma exclusiva unha media de 14 buques con porto basee en Vigo, Cangas e Marín. Os arrastreiros conxeladores e bacaladeiros contan cuns 200 traballadores de forma directa e xeran un número considerable de empregos indirectos.

Captura de bacallau en Noruega
Captura de bacallau en Noruega | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta