Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2023 | Actualizada ás 21:34
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, augurou un proceso de primarias "limpo e ilusionante, catapulta para o que vaia a ser o candidato que devolva a moral a Galicia nas próximas eleccións autonómicas" e lamentou que non sexa o mecanismo utilizado por máis partidos.
"É a festa da democracia, unha festa que desgraciadamente só poden gozar os militantes socialistas. O modelo escollido polas grandes democracias europeas e que aquí só o adoita empregar o PSOE. Aquí a militancia escolle. Non hai dedazo", defendeu Formoso en declaracións aos medios ofrecidas na toma de posesión da nova alcaldesa de Vilalba (Lugo).
BNG SOBRE HAMÁS: "PERDERON UNHA OPORTUNIDADE"
Doutra banda, preguntado polos xornalistas presentes no acto, Formoso lamentou que o BNG perdeu "unha oportunidade de parecerse a Galicia" ao evitar votar a resolución de condena á violencia de Hamás proposta este mércores no Parlamento de Galicia, no contexto do Debate de Estado da Autonomía.
"Galicia ante o terrorismo nunca é equidistante", afirmou o secretario socialista, que insistiu na "pena" de que un partido "que está chamado tamén a participar nun proxecto de progreso para Galicia", "se afaste do que é Galicia en realidade; solidaria, que non se anda con ambajes e non é equidistante co terrorismo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.