Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2023 | Actualizada ás 10:21
O incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Avión, en concreto na parroquia de Nieva, quedou estabilizado ás 12,16 horas deste xoves tras queimar unhas 70 hectáreas.
O lume comezou ás 21,34 horas do mércores, segundo a Xunta, "en ata tres puntos diferentes", o que, xunto coa nocturnidade, dálle " a idea de intencionalidade".
De acordo coas últimas medicións, o incendio arrasou unhas 70 hectáreas. Para estabilizalo foron mobilizados por agora dous técnicos, 18 axentes, 26 brigadas, 17 motobombas, tres pas, dous avións e un helicóptero.Un incendio forestal activo no concello ourensán de Avión afecta a máis de 20 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.