Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2023 | Actualizada ás 17:52
O fiscal delegado de delincuencia informática na provincia da Coruña, Luís Vázquez Seco, explicou que os ciberdelitos "aumentan exponenciamente cada ano" e que "calquera delito" se podería realizar por Internet, incluso un homicidio. Así, nunha entrevista da SER, lembrou que, segundo as estatísticas do Ministerio do Interior, un de cada cinco delitos que se comete son ciberdelitos.
As estafas informáticas, que son as que máis abundan, pasaron de 21.000 denuncias no 2011 a 336.000 no 2022 e os motivos son principalmente por "a evolución natural da sociedade". "Cada vez utilizamos máis aparellos electrónicos conectados á rede e durante máis tempo. Cantos máis aparellos e canto máis tempo estamos conectados, máis posibilidades teñen os ciberdelincuentes para cometer delitos", remarcou.
Desta forma, antes había unha serie de delitos que unicamente se podían cometer a través de Internet, pero hoxe "calquera delito" pódese realizar por esta vía, por exemplo un homicidio hackeando o marcapasos dunha persoa. En canto a como facer fronte a este tipo de delitos, o fiscal sostivo que un cidadán normal bríndalle "moitas facilidades" a estes delincuentes. "A teoría está clara e todos a sabemos. Temos que ter contrasinais robustos cando na práctica hai moitos que son números ou a data dos aniversarios. Iso para o ciberdelicuente descífrase en nada", esgrimiu.
NA REDE "NON HAI NADA GRATIS"
A continuación, alertou que na rede "non hai nada gratis". Por tanto, cando se accede a un contido gratuíto págase "sobre todo con información ou abríndolle as portas aos ciberdelincuentes". Para loitar contra este tipo de delitos, a Fiscalía dispón da rede de fiscais de criminalidade informática que serve para "estar á última neste campo" xa que o que "hoxe é novidade, mañá xa esta pasado de moda".
Por exemplo, unha das ferramentas das que dispoñen son os expedientes de suplantación de identidade, xa que hoxe en día "é común" que unha persoa sexa vítima dunha estafa, dese a súa fotocopia do DNI, unha nómina e despois de estafala utilizan esa imaxe para abrir unha conta bancaria na que recibir fondos das estafas.
ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE
Por outra banda, a Xunta lembrou que xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, que se celebrará o 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura. Durante as xornadas, un total de 50 profesionais de entidades públicas e privadas, do sector TIC e dos corpos e forzas de seguridade do Estado abordarán os retos da ciberseguridade para a sociedade, as administracións públicas e o tecido empresarial.
Os interesados en participar poderán inscribirse ata o 1 de novembro mediante https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl/, tendo en canta que a asistencia presencial está limita ao aforamento do espazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.