O delegado de Iberdrola en Galicia: "Tocounos a lotaría das renovables en Europa"

A patronal galega apunta á descarbonización como unha "oportunidade" para recuperar o peso do sector industrial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, apuntou á descarbonización como unha "oportunidade" para recuperar o peso do sector industrial e da industria manufacturera en Galicia.

A CEG organizou en Santiago unha xornada. 'Plan europeo para a industria: Descarbonización e aforro enerxético', na que se abordaron os ambiciosos obxectivos climáticos marcados pola Comisión Europea para chegar ao cero emisións netas no 2050. Neste sentido, o presidente da CEG avoga por "facilitar e acelerar a posta en marcha de proxectos enerxéticos que permitan á súa vez a implantación de proxectos industriais, para os que o custo enerxético é un factor crave".

Avisa de que o proceso de descarbonización é tamén unha fonte de creación de novos empregos que: "Necesitarán que nos anticipemos e adaptemos unha oferta formativa que permita dar resposta a novas necesidades, mellore a empregabilidade das persoas e contribúa á cohesión social e a erradicación da pobreza".

"É o momento de apostar, como xa estamos a facer, por unha reindustrialización... Para iso debemos acometer a electrificación da economía e dar o impulso definitivo ás enerxías renovables, aproveitar a experiencia adquirida na implantación de tecnoloxías como a solar ou a eólica terrestre", afirmou Vietes.

Así, explicou que "o conxunto de España o sector industrial é responsable do 21% do total das emisións de gases de efecto invernadoiro, por tanto, a transición cara a procesos máis sustentables será un elemento crave para alcanzar a neutralidade de emisións.

Xornada na CEG sobre descarbonización. CEG
Xornada na CEG sobre descarbonización. CEG | Fonte: Europa Press

AS RENOVABLES, "UNHA LOTARÍA"

Pola súa banda, Francisco Silva, o delegado Iberdrola Galicia, patrocinadores do evento, incidiu en que "a descarbonizacion industrial é un reto e Galicia non pode perder este tren. Tocounos a lotaría das enerxías renovables en Europa; temos vento na terra e no mar, temos auga, montes que permiten o almacenamento enerxético e biomasa. Uns recursos renovables, autóctonos e limpos privilexiados que debemos aproveitar para o emprego e o desenvolvemento de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Armando Clascón

A cidadanía galega ten que ser participe de esa lotaría. Estaría ben que os embalses, os parques eolicos tanto mariños coma terrestres e as plantas de biomasa repercutiran na xeración de riqueza en Galicia. Estaría ben ligalos a proxectos industriais. O que non contan os amigos de Iberdrola e os señores da Xunta e a asociación de empresarios é que ese era o plan eolico de Quintana e o conselleiro de industria os que lles fixeron lawfare. Todos recordamos o abrazo de Fakejo e Sánchez Galán no 2009. Extractivismo de rendas chamase por ahi. Roubar din na miña parroquia.