Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/10/2023 | Actualizada ás 12:38
A Garda Civil propuxo para sanción a unha empresa situada en Mesía por uso fraudulento de gasóleo bonificado. Os feitos ocorreron por mor dun control de carburantes a diversas máquinas de obra pública que se atopaban traballando na localidade de Ordes. Os axentes comprobaron que catro vehículos facían uso fraudulento de gasóleo bonificado.
Ao constatar que os vehículos formaban parte da frota da mesma empresa, procederon con autorización do Servizo de Aduanas a inspeccionar á empresa propietaria dos vehículos situada no municipo de Mesía. Finalmente, comprobaron o uso indebido do gasóleo bonificado noutro vehículo máis, así como diversas infraccións á Lei de Seguridade Industrial de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.