Piden prisión para un grupo de comerciantes acusados de vender alfombras e roupa de cama falsificada

Introducían as marcas desde Portugal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2023 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este mércores un xuízo contra un grupo de sete comerciantes acusados de falsificar e distribuír recoñecidas marcas téxtiles para introducilas desde Portugal.

A Fiscalía solicita para eles entre un e dous anos e medio de cárcere, por senllos delitos contra a propiedade industrial. Seis dos procesados son de nacionalidade marroquí e un deles administraba un bazar de Arcade, en Soutomaior. O sétimo é un cidadán portugués.

O citado establecemento dedicábase a vender alfombras, roupa de cama e outros artigos do fogar e era empregado por cinco dos coacusados como "centro das súas operacións de distribución e venda por xunto de produtos téxtiles que reproducían os signos distintivos de marcas notorias e de recoñecido prestixio sen autorización" dos seus propietarios, segundo sinala o Ministerio Público.

Todo se descubriu por mor dunha vixilancia desenvolvida entre os meses de marzo de 2014 e decembro de 2015, o exame da súa situación financeira e a intervención das comunicacións telefónicas, acometida con autorización xudicial.

Un mercadiño de venta ambulante
Un mercadiño de venta ambulante | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta