A historia do mundo está chea de exemplos. Cecais o primeiro foi Adolf Hitler que chegou ó poder en Alemania mediante os votos dos alemáns e conduciu ó pais a unha guerra da que todos coñecemos o resultado. Hai moitos exemplos máis que confirman o dito. Agora na Arxentina, seguindo a estela doutros paises da zona, un home con moita labia, que di que o Papa é pouco menos ca un tirano e que a mafia é mellor co Estado, tamén convence os cidadáns dese pais, prometendo o ouro e o mouro e afiánzase pra disputar a segunda volta da presidencia do pais austral. Ben sei que Arxentina ten unhas caracteríticas especiais moi distintas ó que acontece na vella Europa. Que a súa situación económica é moi mala e que a débeda asfixia a esa nación. Con todo no mundo actual a crispación política remata coa racionalidade e lévanos a situacións extremas que ó final afectan a todos os habitantes do planeta. As veces, ate penso nas debilidades da democracia, pois non poucas veces un charlatán convence á xente, e logo desfacerse del resulta moi complicado.
Vivimos tempos de crispación, onde os dogmatismos de base relixiosa aliados co radicalismo político remantan traendo traxédias como é o caso do pobo palestino. Isaac Rabín no ano 1993 asinou os acordos de Oslo con Arafat para crear dous estados e convivir. Mais un fanático relixioso israelí mantouno no 1995. E aquil acordo quedou morto. Onte vin unha frase nas redes sociais que tamén escoitei nalgunha igrexa que dicia: O pobo de Israel é o pobo elexido por Deus. Ben sei que non é nada máis ca unha frase que algúns din que é biblica. Pero o malo é que algúns, mellor bastantes fanaticos integristas, pensan que é unha verdade e loitan a día de hoxe por facela realidade. Igualmente acontece no bando dos que queren desfacer o réxime israeli amparándose e cuestións do seu profeta e, coa axuda do goberno teocrático que aforca os disidentes nas prazas, os Ayatolat, puxan pra desfacer israel e quitalo da faz da terra. E cando algúns deses extremistas teñen representación política e poder, e están nos gobernos, pois arrasan coas esperanzas e a paz nunca pode ser unha realidade.
A violencia terrorista nunca leva a nada. Eu condeno todo terrorismo veña de onde veña. Pero a violencia tamén é ter a milleiros de persoas sen auga vivindo na miseria e da caridade do mundo; e ter a milleiros de persoas encadeadas sen acusación nin xuizo polo mero feito de seren palestinos. Todo isto é un desproposito bestial.
A desesperación e a fame, o abuso do poder, e a usurpación da terra, sempre crea no ser humano unha reacción de defensa. E como hai moita xente que non ve futuro, faille caso ós salvapatrias e os radicais. E desas fontes emana o terrorismo.
En Oriente medio, cuna de moitas civilizacións e de relixións, estase a librar unha guerra animada pola falla de dialogo e por unha situación de desesperación dun pobo acorralado, como nouto tempo histórico, os americanos, acorralaron on indios pra metelos en reservas, onde agora están. Hoxe, en moitas partes do mundo, merodean o poder os charlatáns salvapatrias como é o caso de Arxentica onde un tal Milei que se define como anarco capitalista e liberal promete e promete solucións ós males que sufre ise pais. E todo no medio dun populismo e unha ideoloxia contraditoria que a todas luces será un conto máis. En fin, cando a palabra e o dialogo no teñen espazo; o radicalismo e o fanatismo político e tamén relixioso danse a man, e logo pasa o que pasa. Trunfa a sin razón e a barbarie. Teñamos moito coidado cos salvapatrias que neste pais tamén teñen seguidores.