A oferta termal de Galicia supón o 20 % da total de España

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/10/2023 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, remarcou o papel que a Xunta outorgará en 2024 ao turismo termal coa posta en marcha de axudas específicas que reforzarán a oferta e as infraestruturas. Merelles fixo estas declaracións na inauguración do 74º Congreso Internacional da Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia que se celebra en Ourense.

Esta medida, enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Vilas Termais e Centros históricos que se executará a partir de 2024 no marco dos fondos europeos Next Generation. Desta forma, dá continuidade ao traballo realizado nos últimos anos para poder aproveitar a capacidade descentralizadora do termalismo, un dos obxectivos do modelo turístico da Xunta, cunha oferta que supón o 20 % de toda España e que ofrece preto de 3.000 prazas de aloxamento.

Auga quente procedente da xeotermia nas termas de Outariz, preto da cidade de Ourense
Auga quente procedente da xeotermia nas termas de Outariz, preto da cidade de Ourense | Fonte: galiciaunica.es - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta