Por Europa Press / Redacción | LUGO | 26/10/2023 | Actualizada ás 19:55
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, demandou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico "axilidade" na tramitación dos novos certificados de importación e exportación para a comercialización da "quenlla'.
O titular do Mar fixo estas manifestacións na inauguración do congreso da frota de palangre de superficie, organizado pola Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-7) de Burela baixo o título 'Os grandes migradores. A xestión sustentable e nutrición'.
Un dos temas principais desta cita é o requirimento a partir do próximo 25 de novembro do certificado CITES na comercialización da quenlla como consecuencia da súa inclusión na lista de especies ameazadas o pasado ano.
Unha decisión que, para o titular do Mar, tomouse "sen o aval científico e que contradí a boa situación biolóxica desta especie, sobre a que non consta ningunha situación de ameaza nin sobreexplotación, como constatan organismos internacionais como a FAO ou a Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.