Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 19:59
Gran parte da costa galega estará este venres en alerta laranxa por ondada e fenómenos costeiros, segundo Meteogalicia. Concretamente, o noroeste da provincia da Coruña e a Costa da Morte. Para a Mariña lucense e as Rías Baixas, a alerta a partir deste venres por fenómenos costeiros será amarela, como tamén o será por 'mar de vento' na Mariña e en toda a costa coruñesa.
Pola súa banda, a AEMET eleva a alerta laranxa por ondada á zona de Rías Baixas-Pontevedra e Miño-Pontevedra e á costa de Lugo. Prevén ondas de entre cinco e seis metros e ventos de forza 7 (de 50 a 61 km), que ocasionalmente poden alcanzar forza 8 (de 62 a 74 km) en determinados lugares como Ortegal-Bares ou na Mariña. Ambos os servizos desactivaron os avisos choivas, despois de que este xoves o interior de Pontevedra estivese en alerta laranxa por precipitacións intensas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.